A Confederación Estatal de Maiores Activos (Confemac) e a Fundación Vodafone España subscribiron recentemente un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto "Coñece e goza as posibilidades do teu Smartphone". Con este acordo preténdese facilitar ás persoas maiores o acceso aos beneficios que proporcionan as Tecnoloxías da Información e Comunicación, evitando a fenda dixital e favorecendo o envellecemento activo.
A iniciativa comprende a formación de 1.700 persoas maiores no uso do teléfono móbil, as "tablet" e Internet en Andalucía, Castela a Mancha, Estremadura e Galicia. Entre abril e xuño de 2016 vanse a impartir 111 talleres de catro horas de duración, divididos en dúas sesións de dúas horas cada unha, dirixidas a grupos dun máximo de 17 persoas.
Na primeira sesión explícase o funcionamento dos botóns externos, a utilidade das iconas da pantalla, chamar e recibir chamadas, por mensaxes para estar en contacto con familiares ou amizades, facer fotos, etcétera.
Na segunda explícase o acceso a Internet, como descargar as aplicacións, e dáselles ás persoas maiores formación no uso seguro do smartphone e sobre as vantaxes das redes sociais como Whatsapp, Facebook ou Twitter. Tamén, ensínaselles a consultar informacións de interese como o tempo, xornais dixitais, sacar cita médica, buscar información sobre temas de interese persoal, utilizar o correo electrónico, etcétera.
Rexístrate como: