Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Instant Classroom

Instant Classroom, a aula dixital nunha caixa da Fundación Vodafone para emerxencias

  • Fundación Tecsos xunto coas Unidades de Emerxencia de Cruz Vermella validarán o seu despregue en diversos escenarios grazas á doación dunha unidade por parte da Fundación Vodafone España
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/04/16 (11:44)

Durante o pasado Mobile World Congress 2016, a Fundación Vodafone España presentou a Instant Classroom, 'a escola dixital nunha caixa' que pode instalarse en poucos minutos para ofrecer aos nenos e mozos a oportunidade de continuar a súa educación en situacións de conflito, como os campos de refuxiados ou en rexións incomunicadas por características xeográficas.

Esta clase transpórtase nunha caixa de 52 kg equipada cun portátil, 25 tablets con software educacional pre-instalado, un proxector, un altofalante e un modem hotspot que proporciona conexión 3G. As tablets poden conectarse de forma local ao portátil, permitindo aos profesores distribuír contidos e aplicacións aos alumnos sen necesidade de acceder a internet. Instant Classromm ten tamén a posibilidade de funcionar de maneira autónoma sen unha fonte de electricidade grazas aos sistemas de baterías de carga.

A Fundación Vodafone España, a través da doazón dunha maleta Instant Classroom á Fundación TECSOS, Tecnoloxías Sociais, validará coas Unidades de Emerxencias de Cruz Vermella Española o seu despregamento en diversos escenarios onde se poderán utilizar os métodos de ensino dispoñibles.

Esta primeira validación de 'a escola dixital' realizarase no exercicio de simulacro de terremotos, 'Gamma Sur 2016' que realiza a Unidade Militar de Emerxencias (UME) xunto con Cruz Vermella Española na provincia de Sevilla e en Ceuta o exercicio 'Gamma Sur 2016', que se celebrará entre os días 4 e 8 de Abril.

Unhas 3.500 persoas, entre autoridades, servizos de emerxencias e grupos de acción das tres administracións do Estado e diferentes empresas públicas e privadas, así como equipos de intervención e observadores internacionais, participarán neste simulacro que porán a proba a coordinación entre as distintas administracións.

Esta actividade da Fundación TECSOS, na que participa xunto coa Cruz Vermella Española e a Fundación Vodafone España, está enmarcada na súa misión como fundación, mellorar as capacidades das persoas abordando as súas necesidades e afrontando respostas sociais, mediante a innovación tecnolóxica incluíndo as TIC de maneira responsable na sociedade.

Tema: Xeral
Fonte: fundaciontecsos.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal