Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación do proxecto

Os maiores de Pontevedra serviranse das TIC para recuperar a memoria da cidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/04/16 (08:23)

O Concello de Pontevedra presentaba o pasado 1 de abril Memoria en rede, é un proxecto que xorde, en palabras do Goberno local, coa arela de conectar dous tempos ben distintos: o futuro e o presente no que estamos coas novas tecnoloxías como eixo central co pasado coa recuperación da memoria como motor principal. Memoria nun senso amplo: historias, lendas, vivencias, vidas... Emporiso, sinalou o Concello, para chegar ao fin desta proposta é preciso “contar coa axuda dos nosos maiores” e ter en conta que non son nativos dixitais, que teñen estas tecnoloxías como algo alleo e en moitas ocasións, que lles xera rexeitamento e aversión.

Cómpre sinalar que esta idea botará a andar en Mourente. As aulas darán comezo o vindeiro martes 12 de abril no Local Social de Cons e estenderanse durante 10 semanas, todos os martes e xoves, dende as 16:30 até as 19 horas.

Durante as primeiras semanas, aprenderán o manexo básico dun computador, a desenvolverse cun procesador de textos, cun escáner e cunha gravadora. No intre no que se atopen preparadas nestas competencias, poderán comezar a compartir con todas e todos nós o que desexen contarnos. Ben a través de fotografías das que dispoñan (fotos antigas cunha historia detrás), ben contándonos tradicións dos seus lugares de procedencia, lendas… o que elas desexen.

De seguida, os contidos serán pendurados nun blog onde todas e todos poderemos gozar del.

Para inscribirse á Memoria en rede é preciso chamar ao teléfono do concello (986 80 43 00 e premer a extensión 7111), en horario de mañá. 

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal