Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
'Connected The Game'

FAD e Google lanzan o xogo 'Connected The Game' para promover o bo uso de Internet entre os adolescentes europeos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/04/16 (08:33)

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) e Google, en colaboración con Twitter, lanzaron o xogo online 'Connected The Game' en todos os países da UE co obxectivo de promover o uso responsable das novas tecnoloxías e fomentar un uso construtivo de Internet entre os adolescentes, segundo informan as organizadoras da iniciativa.

O xogo expón a historia dun robot que, segundo avanza e supera probas, vai converténdose en humano. Os participantes deberán demostrar que non son robots automatizados, senón que, coa súa intelixencia, sensibilidade e emocións, son capaces de sacar o mellor partido á tecnoloxía.

Aprender a xestionar a privacidade non facilitando datos persoais a descoñecidos, non contribuír a difundir contidos vexatorios, saber como xestionar a propiedade intelectual, coidar a linguaxe ou reflexionar sobre os contidos que se comparten en redes sociais, son algúns das mensaxes que o xogo pretende transmitir.

Todos os adolescentes que desexen participar deberán rexistrarse na web www.connectedthegame.eu até o 15 de maio de 2016. Unha vez inscritos, terán que superar unha serie de probas agrupadas polas seguintes áreas temáticas: propiedade intelectual en Internet, privacidade e seguridade, bos usos e veracidade das fontes en Internet e relacións sociais.

Cada país europeo contará coa súa propia clasificación e poderase completar o xogo en castelán, inglés, francés, alemán ou italiano. A puntuación final dependerá do tempo empregado e das respostas obtidas en cada proba. Así, establecerase un gañador por país, que recibirá un premio tecnolóxico, e a entrega de premios terá lugar na sede do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.

Trátase da primeira vez que se pon en marcha o xogo a nivel europeo, pero en España máis de 12.000 adolescentes participaron nas tres edicións anteriores.

Tema: Xeral
Fonte: cibersur
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal