No acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela presentamos a segunda edición de "Yo me prep@ro", un programa de formación en TIC para a inserción laboral de persoas con síndrome de Down. No acto interviñeron: D. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; Dna. Concepción Fernández Fernández, Concelleira de Políticas Socias, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela; D. Jesús Asorey Carril, Presidente da Cámara Oficial de Industria, Comercio e Navegación de Santiago de Compostela; D. Juan Manuel Navarro, Director de Administración Pública en Galicia de Vodafone España e D. Juan Jesús Martínez López, Presidente da Fundación Down Compostela.
O obxectivo do proxecto "Yo me prep@ro" é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias para facilitarlles o acceso ao emprego, a través das diferentes tecnoloxías implantadas na sociedade: acceso a Internet, uso do computador, acceso a redes bancarias informatizadas, comunicación a través da telefonía móbil ou fixa, realizar consultas en organismos públicos, programación e uso da televisión e DVD, etc.
A nivel nacional o proxecto completou o seu primeiro ano (2014) con grande éxito pois superou as expectativas tanto no número de prácticas laborais conseguidas como na cifra de contratacións laborais, alcanzando os 72 contratos de traballo. En 2015 recibirán esta formación en Novas Tecnoloxías un total de 240 usuarios de toda España a través de 15 cursos, cun total de 10.500 horas lectivas.
Rexístrate como: