Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazos de Snapchat

Unha conta de Snapchat á que recorrer se sofres violencia doméstica

  • Un grupo de activistas crea un perfil en esta red social, que elimina los mensajes a los pocos segundos de enviarse para que no puedan ser rastreados
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/03/16 (13:19)

"Son o seu trapo, fai comigo o que quere, son o seu xoguete". Así pedía auxilio unha adolescente de 14 anos nunha chamada á Fundación de Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco (ANAR). Esta organización xa advertía en 2014 do perigo das novas tecnoloxías: seis de cada 10 adolescentes vítimas de violencia de xénero sufriron acoso a través do móbil e as redes sociais. Agora, tres mozos indios decidiron darlle a volta ao problema e explotar as redes sociais, pero esta vez en defensa da vítima. Rajshekar Patil, Avani Parekh e Nida Shériff crearon unha conta de Snapchat, chamada LoveDoctorDotin, que ofrece axuda e consellos aos adolescentes que sofren violencia doméstica ou están nunha relación abusiva. As mensaxes enviadas a través de Snapchat elimínanse aos 10 segundos de ser lidos, o que evita que poidan ser rastrexados e converte a esta rede na "plataforma perfecta", segundo os creadores.

Continuar lendo...

Tema: Xeral
Fonte: El País
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal