Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Accesibilidade Twitter-Ilunion

Twitter incorpora un texto alternativo para poder describir as imaxes ás persoas cegas

  • Twitter, a ONCE, a súa Fundación e o seu grupo de empresas ILUNION arrancan unha colaboración para mellorar a accesibilidade da plataforma e colaborar en RSE.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/03/16 (09:03)

Twitter anunciou a incorporación na plataforma deste texto alternativo para que as imaxes dos tweets poidan ser audiodescritas para persoas cegas ou con discapacidade visual grave.

En España, este desenvolvemento abriu as portas a unha colaboración estratéxica a longo prazo entre Twitter España, a ONCE, a súa Fundación e o seu grupo de empresas ILUNION co fin de mellorar o acceso das persoas cegas a esta plataforma.

As imaxes foron unha parte fundamental dos eventos máis importantes en Twitter. Posto que son claves na experiencia de Twitter, é importante que as imaxes que se compartan sexan accesibles para todo o mundo, incluídos quen teñan discapacidade visual.

A partir de agora, os usuarios das aplicacións iOS e Android de Twitter poden engadir descricións -tamén coñecidas como texto alternativo (alt text)- ás imaxes que inclúen nos seus chíos (Tweets). Esta actualización asegura que o contido compartido en Twitter é máis accesible para toda a audiencia.

En España, e por mor deste desenvolvemento, Twitter, a ONCE, a súa Fundación e o seu grupo de empresas ILUNION sentaron as bases dunha colaboración estratéxica a longo prazo co fin de mellorar o acceso das persoas cegas a esta plataforma e colaborar en proxectos de RSE.

O compromiso pola accesibilidade de Twitter deberá ser asumido tamén polos seus usuarios, que ao compartir as súas imaxes con texto alternativo, faranas visibles ás persoas cegas que utilizan a plataforma.

 

Como poden os usuarios activar Alt Text

Esta funcionalidade pódese habilitar desde a opción Crear descricións de imaxe nos axustes de accesibilidade da aplicación. Así, a próxima vez que se engada unha imaxe a un Tweet, no cadro de texto aparecerá un botón para engadir a descrición da imaxe. As persoas cegas ou con discapacidade visual poderán acceder á descrición a través das súas tecnoloxías de asistencia como screen reader ou braille displays. As descricións poderán chegar até os 420 caracteres.

Para asegurar que os editores e os clientes de terceiros tamén teñen a capacidade de engadir texto alternativo ás imaxes, Twitter ampliou os produtos da plataforma tanto á API REST como a Twitter Cards, algo especialmente importante para os clientes de Twitter especializados para discapacitados visuais como EasyChirp, Chicken Nugget e The Qube.

Desta forma, Alt Text fai accesibles as imaxes a toda a audiencia, de maneira que todos poidan participar da conversación, vivir os momentos máis relevantes e gozar de Twitter.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal