A VI edición do Concurso Fundación Vodafone con #ASPACEnet de proxectos en tecnoloxías de apoio e comunicación xa está en marcha. Hoxe publícanse as bases do concurso para que as entidades interesadas presenten as súas propostas.
Nesta nova edición do concurso quérese potenciar e promover os proxectos en colaboración entre polo menos dúas entidades, replicando proxectos exitosos que xa se realizan nas entidades ou proxectos novos ou proxectos entre entidades que nunca antes obtivesen unha axuda. Valorarase especialmente o seu carácter innovador.
As candidaturas pódense presentar até o próximo 22 de maio de 2016.
Informámosvos tamén que os próximos días 13 e 14 de maio celébranse as Xornadas de Líderes en Madrid. Será, sen dúbida, unha magnífica ocasión para que as entidades coñezan a experiencia doutros proxectos premiados en edicións anteriores e ultimen detalles cos seus socios de proxecto para a súa candidatura.
Rexístrate como: