Por sétimo ano consecutivo celébrase a campaña Get Online Week, un evento anual coordinado pola Asociación Europea de Telecentros no que participan 19 países europeos e que superou os 800.000 participantes, e que por quinto ano celébrase en España da man da ACRT, quen programou unha serie de actividades nos máis de 3000 telecentros que forman a súa rede.
Deste xeito, as redes de Telecentros de Andalucía, Castela e León, Estremadura, Galicia e a Fundación Dédalo, planificaron varios obradoiros de formación presencial e online, para axudar aos mozos a mellorar a sua empregabilidade mediante a aprendizaxe e o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
Os seminarios e obradoiros están orientados tanto a persoas desempregadas, para a mellora da procura de emprego en internet e redes sociais, como a aquelas persoas traballadoras que desexan mellorar as súas habilidades e capacitación dixital en busca de novas oportunidades profesionais.
A Rede Espazos Dixitais de Castela e León, planificou varios seminarios online e obradoiros formativos dirixidos aos mozos para mellorar as súas capacidades tecnolóxicas e facilitar a súa empregabilidade, tales como "Aprende a crear un currículo online creativo e diferénciate da competencia", "Saca o máximo partido a Linkedin: a rede social profesional para facer contactos e networking" ou "Claves e consellos para potenciar a túa imaxe profesional a través de redes sociais" son algúns dos títulos que se impartirán tanto en seminarios online como en obradoiros presenciais, co obxectivo principal de axudar aos mozos a estar conectados e mellorar a sua empregabilidade mediante a aprendizaxe do manexo das novas ferramentas dixitais necesarias para a vida cotiá.
Pola súa banda o Plan de Alfabetización Tecnolóxica de Estremadura, realizará os seguintes obradoiros formativos: "Sesión informativa sobre ferramentas e recursos TIC para a procura de emprego", "Xestión do currículo dixital Competencias dixitais básicas" e "Ferramentas ofimáticas baixo licenza libre".
Desde a Fundación Débalo en Tudela (Navarra) planificaron unha serie de obradoiros dirixidos principalmente a analizar as competencias dixitais dos mozos e a ofrecer recursos e ferramentas ás persoas en desemprego: "SKILLAGE, estás preparado para ser contradado/a", "Trámites online para desempregados" e "Acceso a recursos para persoas en desemprego".
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Amtega da Xunta de Galicia, a través da Rede CeMIT e o Programa Voluntariado Dixital, porá en marcha o catálogo formativo Faitedixit@l 2016, incidindo e poñendo o foco en actividades formativas e charlas TIC para a mellora das competencias dixitais para a empregabilidade da cidadanía, pemes e autónomos de Galicia (Informática Aplicada a Explotacións Gandeiras, Obradoiro "Emprender baixo a fórmula cooperativa en Servizos Sociais", Taller de Scratch, etc.).
Coincidindo coa Get Online Week, a Rede Guadalinfo, ofrecerá un itinerario formativo, o cal pretende axudar aos mozos na procura de emprego a través do desenvolvemento de habilidades dixitais. #DigitalJobs. Para iso facilitará os seguintes materiais e recursos: Curación de Contidos, Introdución a Arduino e o Papel do Community Manager.
Pero sen dúbida, o evento principal da Campaña será a celebración, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do XV Encontro das redes de telecentros baixo a lema "Impulsando a túa capacitación dixital" e que ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de Telecentros , así como potenciar a posición dos Telecentros como recurso clave para a mellora das competencias dixitais para a empregabilidade, e impulsar a innovación social Dixital.
Durante a xornada, celebraranse catro mesas de debate. Na primeira abordarase a acreditación de competencias dixitais, expondo a experiencia galega do CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática), xunto co modelo andaluz de formación en competencias dixitais, Guadalinfo.
Na segunda das mesas analizarase o programa europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs, que quere reorientar a traxectoria formativa dos e das mozas cara ao ámbito TIC para dar resposta á demanda actual e futura e mellorar as súas oportunidades laborais. Nesta segunda mesa, a directora de Formación de Fundación de Tecnoloxías da Información de AMETIC falará tamén sobre "Os perfís profesionais da transformación dixital".
A terceira das mesas de debate abordará a iniciativa CeMIT-innova, impulsada pola Amtega en 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital en 9 aulas da Rede CeMIT. O proxecto "O cable amarelo", para a construción dun ecosistema innovador da rede de aulas da rexión de Murcia e por último a experiencia de deseño e implantación de living labs, promovida pola Rede de Espazos CyLDIGITAL, que ten como obxectivo a posta en marcha de laboratorios sociais con emprendedores e microempresas nesta rede de telecentros.
O programa do encontro complétase co Obradoiro práctico: "Transformando Ideas para mellorar a nosa contorna local. DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros", onde se verán os resultados dos pilotos que xa se executaron na I Edición CeMIT-Innova 2015.
Unha vez máis o encontro das redes de telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que poderá seguirse en twitter cos hashtag #15Encontro e #GOWES, vía streaming na web da Comunidade de Telecentros e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de telecentros e na web da Get Online Week en España.
Para a planificación e execución das actividades da Get Online Week contarase coa axuda, dinamización e participación de todas as Redes que forman a ACRT, aliñada cos obxectivos da campaña europea "e-skills for job 2016" liderada por AMETIC e a súa Fundación FTI en España, cuxa principal meta é concienciar á sociedade en xeral e especialmente aos máis novos sobre a necesidade de fomentar as habilidades tecnolóxicas á hora de buscar emprego e traballar, dúas das actividades estratéxicas que se impulsan desde a Asociación Comunidade de Redes de Telecentros.
Rexístrate como: