Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Banner dos premios

Fundación Vodafone España convoca a X Edición dos Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/03/16 (10:34)

A Fundación Vodafone España convocou a X Edición dos seus Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións, cuxo obxectivo é promover e desenvolver proxectos tecnolóxicos accesibles para mellorar a calidade de vida dos colectivos vulnerables. Estes proxectos de interese social, que poden atoparse tanto en fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade, han de ter en conta a accesibilidade universal e o deseño para todos e poden estar desenvolvidos en calquera soporte (app, web, plataforma...).

Cada unha das seguintes categorías premiarase con 15.000 euros, unha escultura conmemorativa, a posibilidade de estar presente no Mobile World Congress 2017 e formación en emprendemento, por parte do CDTI:

Premios Accesibilidade TIC: tres, que se concederán a proxectos que eliminen barreiras para a diversidade funcional sensorial, cognitiva e física, respectivamente.

Premio Solución Social TIC, a aquel proxecto que presente a mellor solución de amplo impacto social que non sexa elexible nas categorías anteriores.

A estes premios poden presentarse proxectos desenvolvidos en España durante 2015 e até a data da convocatoria. O prazo para a presentación de proxectos comezará o 10 de marzo e finalizará o 5 de maio de 2016.

Un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa valorará o carácter innovador da solución dentro da Sociedade da Información, o público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, a súa viabilidade e a súa accesibilidade. O fallo do xurado notificarase antes do 30 de xuño de 2016.

Bases completas e o formulario a cubrir para optar a algún destes premios:

Arquivos relacionados:

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal