Hoxe venres 4 de marzo de 2016, ás 10:30 horas, no salón de actos do Edif. CERSIA, c/ Alcalde Raimundo López Pol s/n (San Lázaro), 15703 Santiago de Compostela, celebrarase o acto de clausura do proxecto "Agora-Tecnoloxía" no que colaboraron desde o pasado mes de novembro a Federación Galega de Asociacions Universitarias Séniores (FEGAUS) e a Fundación Vodafone España. O seu obxectivo foi formar aos maiores galegos na nova contorna de comunicación nacida cos dispositivos móbiles avanzados para que poidan vivir con maior autonomía persoal e independencia.
Durante o devandito acto impartirase un taller, cuxa asistencia é libre, que versará sobre "A Administración: Cita médica e máis solicitudes de forma autónoma a través de Internet", que será retransmitido en directo vía internet ás sedes interconectadas dos sete campus galegos, ademais das aulas CeMIT, sedes de AFundación, centros de Asociacións Veciñais de Galicia e todo o público que se rexistrou.
Rexístrate como: