O proxecto 'Webquest: excelencia na procura intelixente de emprego' atenderá especialmente a formación tecnolóxica, con experiencias positivas e prácticas, e contemplando transversalmente a perspectiva de xénero.
Entre as accións que levarán a cabo dentro do proxecto está a formación en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a través da utilización da metodoloxía TIC-Experiencias, é dicir, baseada nas experiencias prácticas reais, polo menos a 100 persoas con discapacidade.
Igualmente, deseñarase e crearase unha Webquest, unha ferramenta de aprendizaxe baseada en actividades estruturadas e guiadas, que proporciona aos alumnos unhas tarefas ben definidas, así como os recursos e as consignas que lles permiten realizalas, optimizando cun seguimento persoal ou grupal os procesos de procura activa de emprego, evitando así a realización de tarefas ineficientes ou non axustadas ao obxectivo que se pretende conseguir. Polo menos 20 persoas usuarias de dez Servizos de Integración Laboral (SILES) de Cocemfe experimentarán esta metodoloxía que se realizará a través de videoconferencia.
Rexístrate como: