Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
ThingMaker 3D

Mattel quere que os nenos fabriquen os seus xoguetes con impresoras 3D

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/02/16 (08:42)

No marco da New York Toy Fair 2016 Mattel fixo un grande anuncio: o relanzamento da marca ThingMaker adaptándoa aos novos tempos. ThingMaker era un produto dos anos 60 que consistía nunha serie de moldes que podían encherse para fabricar as pezas de distintas figuras coas que despois xogar, ou sexa, unha curiosa solución para que os cativos construísen os seus propios xoguetes indo moito máis aló que os agasallos dos ovos Kinder, e que preparan o seu retorno substituíndo os seus clásicos moldes por unha impresora 3D, animando así a converter esta tecnoloxía nun entretemento para toda a familia, que facilite a creación de bonecas, robots, dinosauros e incluso accesorios que poder vestir.

Deste xeito ThingMaker 3D será unha solución baseada nunha impresora 3D e nunha aplicación de deseño (para iOS e Android) moi doada de empregar, e que facilita que os elementos que se compoñan coa mesma conten con puntos de ensamblaxe que despois faciliten a súa montaxe final.

Para crear este novo produto Mattel contou coa colaboración de Autodesk, compañía con grande experiencia en tecnoloxía de deseño asistido por ordenador, e a súa comercialización botou xa a andar a súa maquinaria, de xeito que a ThingMaker 3D Printer xa está dispoñible para a súa reserva en Amazon a un prezo de 299,99 dólares, aínda que o produto non chegará realmente ao mercado até o 15 de outubro. A impresora será compatible con filamentos de distintas cores e a ThingMaker Design App (que xa está dispoñible de balde) tamén funcionará con outras impresoras, deixando claro o interese de Mattel de construír todo un ecosistema ao redor da súa marca.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal