A Comisión Europea organizou un grupo de traballo para desenvolver unha guía que permita analizar a validez e fiabilidade da información que recollen e procesan as aplicacións de m-Saúde. O grupo estará composto por 20 representantes da sociedade civil, expertos en investigación e organizacións industriais. Espérase que a guía saia publicada a finais de ano.
A guía elaborarase tomando como referencia principal as iniciativas e boas prácticas existentes en Europa. O obxectivo é prover criterios comúns e unha metodoloxía de análise que poida axudar aos diferentes interesados en avaliar a validez e fiabilidade das aplicacións de m-Saúde.
Para máis información, visite o portal da Comisión Europea (en inglés).
Rexístrate como: