Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da xornada

O mércores botan a andar os GPUL Labs na Coruña

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/02/16 (07:57)

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Coruña (GPUL) comeza esta semana unha serie de sesións formativas coñecidas como GPUL Labs, que buscan fomentar o desenvolvemento de software en código aberto e crear unha comunidade de desenvolvedores que cada semana participará nunha actividade práctica enfocada a unha tecnoloxía libre.

A primeira destas actividades será unha charla de introdución a Python, Git e GitHub, impartida polo estudantes da Facultade de Informática da Coruña Fran Rúa e Breixo Camiña, que achegarán os conceptos básicos de Python facendo unha pequena aplicación que publicarase nun repositorio Git para o que crearán unha conta en GitHub, de xeito que poderase coñecer todo o proceso dun xeito práctico, de aí que os asistentes a este obradoiro deban acudir co seu ordenador portátil (e ter coñecementos básicos de programación). A Facultade de Informática da Coruña acollerá esta actividade o vindeiro mércores de 17:30 a 20:30 horas.

No que resta de mes tamén impartiranse charlas para avanzar en Git e programar unha Raspberry Pi.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal