Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Ancián usando un smartphone

CerQana, a app que impulsa a integración de persoas dependentes

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/02/16 (11:52)

O asombroso desenvolvemento das novas tecnoloxías nos últimos anos permitiron que as persoas dependentes atopen novos aliados e apoios. A través de apps e dispositivos é posible mellorar o seu nivel de autonomía e impulsar a súa integración; a condición de que estas innovacións se acomoden perfectamente ás súas necesidades e ás súas posibilidades. Este é precisamente o obxectivo da aplicación CerQana, dispoñible para dispositivos Android.

Que nos ofrece CerQana? En primeiro lugar, consegue que o uso de smartphones e tabletas sexa moito máis sinxelo, cunha interfaz simplificada e botóns de fácil acceso para pedir axuda ou facer chamadas. E doutra banda, mantén á persoa dependente en contacto permanente cos seus familiares e responsables, grazas a un sistema de localización e avisos. Deste xeito acelérase a resposta en caso de incidencia, como unha caída, desorientación ou extravío.

Como se consegue isto? O sistema proposto por CerQana ten tres partes, dúas aplicacións móbiles e unha aplicación web. Unha das aplicacións móbiles instálase no dispositivo que utilice a persoa dependente, a outra no da persoa responsable. Así é como pode recibir información e notificacións en tempo real, datos que tamén pode consultar e ampliar a través da aplicación web.

Utilizando CerQana, os dependentes reciben axuda para organizar as súas tarefas diarias, gañando en autonomía. As súas familias, pola súa banda, obteñen a tranquilidade de saber que poden localizarlles en todo momento. A calidade de vida duns e outra mellora facendo uso unicamente dun teléfono móbil ou unha tableta.

Podes consultar máis información sobre CerQana na páxina web oficial da aplicación.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Montemadrid
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal