A renovación do convenio foi rubricada polo Hno. Julián Sánchez, director da Fundación Juan Ciudad, e Francisco Román, presidente da Fundación Vodafone España, e servirá para consolidar a colaboración que veñen mantendo as dúas institucións desde 2014, así como ampliar as súas accións a novos proxectos.
A Orde Hospitalaria de San Xoan de Deus súmase á comunidade "Connecting for good: Conectados pola accesibilidade", promovida pola Fundación Vodafone España con novas actividades que involucrarán a máis de 160 persoas con discapacidade e 30 profesionais de entidades de toda España.
Coa renovación do convenio amplíase esta colaboración con dous novos proxectos. Por unha banda, a Orde Hospitalaria de San Xoan de Deus entra a formar parte da comunidade "Connecting for good: Conectados pola accesibilidade", creada pola Fundación Vodafone España, onde participan Plena Inclusión España, Down España, Confederación ASPACE, FEDACE e o Hospital Val d´Hebrón, dun total de máis de 40 entidades de toda España.
Ambas as entidades lideran tamén o proxecto Desktop que permitirá trasladar a experiencia de "m-capacita" ao ámbito europeo.
O obxectivo final desta colaboración é a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, a través da promoción da autonomía persoal en distintas contornas da vida relacionados coa xestión económica, a saúde e o traballo, entre outros, grazas ao uso da Plataforma Mefacilyta, desenvolvida pola Fundación Vodafone España.
Rexístrate como: