Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Samsung Galaxy edge+

A Fundación ONCE recoñece ao Galaxy S6 edge+ por a súa accesibilidade para persoas con discapacidade

  • Samsung viu recoñecido o seu compromiso coa accesibilidade na valoración que realizou o portal Amóvil, un proxecto da Fundación ONCE.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/02/16 (08:34)

'Garantir a accesibilidade móbil é un dos obxectivos prioritarios de Samsung. Esforzámonos por incluír nos nosos dispositivos a maior cantidade de funcionalidades e posibilidades de personalización que axuden aos usuarios a gozar ao máximo da experiencia móbil, independentemente das súas dificultades, motrices ou de visión', declara Nacho Neto, responsable de tecnoloxía e plataformas de Samsung.

O portal Amóvil é unha iniciativa liderada pola Fundación ONCE para axudar ás persoas con necesidades especiais a identificar dispositivos móbiles accesibles. Entre as características de accesibilidade de última xeración que valora Amóvil no Galaxy S6 edge+, destacan as dirixidas a persoas con discapacidade visual; tanto usuarios cegos como con baixa visión, cegueira da cor ou alta sensibilidade á luz.

 

Lectores de pantalla e 'son visualizado'

Así, por exemplo, para ler en voz alta o que aparece en pantalla, incluídos os contidos de páxinas web, o dispositivo ofrece funcións como Voice Assistant. Esta función foi recentemente recomendada por Amóvil por cumprir coas características básicas de accesibilidade, polo que resulta adecuada para persoas con cegueira.

Ademais, o smartphone de Samsung permite outras posibilidades como manter sempre a pantalla apagada, configurar o teclado virtual para reducir o número de pulsacións, crear gravacións de voz en etiquetas NFC sobre determinados obxectos que rodean ao usuario, usar a lupa, cambiar o tamaño da fonte de texto, cambiar a pantalla a escala de grises ou usar as cores negativas.

Por outra banda, o Galaxy edge+ ofrece unha nova experiencia de 'son visualizado', que pode ser útil para persoas que teñan algún tipo de discapacidade auditiva. Permite axustar o volume por separado en cada oído e dá soporte para mensaxería instantánea e videochamadas.

Tamén incorpora outras útiles funcionalidades como a configuración do flash da cámara para que parpadee ao entrar unha chamada ou notificación; a activación de subtítulos e do háptico automático, que fai vibrar ao dispositivo durante a reprodución de música, vídeo ou xogos; e a posibilidade de converter o son estéreo en son mono.

O smartphone incorpora así mesmo unha función de detección de son que permite, por exemplo, rexistrar o son do timbre da casa ou do pranto dun bebé e emitir sinais para avisar ao usuario cada vez que soen.

Finalmente, o S6 edge+ cumpre tamén todos os requisitos de accesibilidade básicos para usuarios con dificultades moderadas e severas para a manipulación. Isto débese tanto á lixeireza e facilidade de agarre do dispositivo como ao sistema de recoñecemento S Voice integrado, que facilita o acceso ás aplicacións e axustes sen ter que tocar a pantalla; ao menú de asistente, que permite controlar varias funcións básicas; e a posibilidades como a opción de Xesto, que acende a pantalla ao mover a man por encima dun sensor.

A inclusión de Samsung Galaxy S6 edge+ na lista de dispositivos móbiles accesibles de Amóvil súmase á doutros smartphones da compañía, entre os que están os Galaxy S6, S6 edge, A3, A5 e os Galaxy Note 4.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal