Nun acto celebrado na sede madrileña da cooperativa social 'Altavoz', que desenvolve materialmente o proxecto 'Leo fácil', o responsable do CERMI fixo entrega do premio que recoñece a mellor acción en materia cultural dirixida ás persoas con discapacidade durante o ano 2015.
O xurado dos premios cemi.é 2015, distinguiu a 'Leo fácil' por promover o enfoque inclusivo e de accesibilidade universal aplicados ao lecer e a cultura, potenciando o uso da lectura fácil como elemento diferenciador. Ademais, o proxecto contribúe á creación de emprego entre persoas con discapacidade e é fonte para a toma de conciencia e visibilidade do sector social como emprendedor económico.
'Leo fácil' é unha biblioteca virtual de libros de literatura, escollidos polos propios lectores, en formato de lectura fácil e con elementos tecnolóxicos gráficos que as enriquecen, que permite acceder ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento ás creacións literarias.
Rexístrate como: