Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación da app

Unha ‘app’ para crear redes de axuda de amigos, familiares e enfermos

  • CajaSur e Asaenec presentan unna innovadora aplicación móbil informática de saúde e apoio social
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/01/16 (09:14)

Asaenet é unha app móbil de saúde e de apoio social, financiada pola Fundación CajaSur e desenvolvida pola empresa SignLab, que facilita a creación de redes de axuda e coidado formada por amigos, familiares e especialistas. A través do envío de mensaxes con estados de ánimos positivos e negativos á rede creada no móbil polo usuario, garántese un apoio continuo na evolución dunha enfermidade, discapacidade, dependencia ou dunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Así mesmo, os familiares que se encargan do coidado dunha persoa con enfermidade, discapacidade ou dependencia poden xerar as súas propias redes de apoio con esta aplicación.

Esta App, que pode descargarse de maneira gratuíta en Google Play, pode ser utilizada por calquera persoa que necesite un maior coidado e atención diaria por motivos de saúde ou por vivir en situacións sociais de especial vulnerabilidade ou de exclusión (persoas maiores, con discapacidade, persoas sen fogar, etc.). Asaenet ofrece ademais un sistema de alarmas persoais para lembrar eventos importantes como citas ou toma de medicación.

Na presentación, o director da Fundación Cajasur, Anxo María Cañadilla, afirmou que 'as novas tecnoloxías e a generalización do uso dos dispositivos móbiles supoñen un enorme potencial que nos poden conducir a un maior impacto na mellora das condicións de vida das persoas usuarias dos servizos de Asaenec'. Tamén sinalou a importancia de apoiar proxectos de innovación social que poidan ser replicados a outros colectivos ou sectores con necesidades similares. O presidente de Asaenec, Antonio Garrido, agradeceu o apoio esencial da Fundación CajaSur e da empresa tecnolóxica SignLab para desenvolver esta innovadora aplicación móbil que sitúa a Asaenec entre as entidades sociais máis destacadas no ámbito da innovación tecnolóxica.

Tema: Xeral
Fonte: Cordópolis
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal