A empresa Equalitas Vitae lanzou a aplicación Turismo Accesible, cuxo obxectivo é facilitar ás persoas con mobilidade reducida información sobre lugares turísticos que cumpran con requisitos de accesibilidade. A ferramenta permite aos usuarios decatarse mediante xeolocalización que lugares accesibles ten preto.
A aplicación prové información en tempo real sobre museos, restaurantes ou hoteis accesibles. Ademais, permite puntuar e valorar a accesibilidade dos lugares visitados así como compartir a información con outras persoas.
A aplicación é gratuíta e polo momento está dispoñible para dispositivos que operen con Android. A versión para iOS estará dispoñible proximamente.
Para máis información, visite o portal de Equalitas Vitae.
Rexístrate como: