Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Exemplo de programa subtitulado

O 71,2% dos programas de TV xa están subtitulados

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/01/16 (08:55)

O 71,2% da programación televisiva en España en 2015 contou con servizo de subtitulado, o que implica un aumento de catro puntos respecto ao 67,2% de media do ano 2014.

Polo que se refire á audiodescripción, o número de horas audiodescritas en todas as canles durante o pasado ano ascendeu a máis de 6.400, cifra que case duplica as 3.369 horas audiodescritas en 2014.

Así mesmo, os datos relativos á lingua de signos durante o ano pasado tamén melloraron. Mentres en 2014 alcanzáronse 1.332 horas, en 2015 foron 2.327 as horas signadas, case 1.000 máis.

Os datos mostra un avance na accesibilidade para as persoas con discapacidade, aínda que desde CESyA séguese incidindo no aumento de prestación do servizo, así como na mellora da calidade dos mesmos.

Por esta razón, no 2015 creouse un grupo de traballo no Real Padroado sobre Discapacidade que, coordinado polo CESyA, agrupa aos axentes implicados, tanto os representantes das cadeas de televisión públicas e privadas -Crtve, Uteca, Forta- como representantes das asociacións con discapacidade, como Cermi, Fiapas, CNSE e ONCE, entre outras, así como organismos do sector televisivo como a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información ou a CNMC.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal