Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Anciá usando un smartphone

Chega Doro Care, unha nova división de Doro que facilitará a transición á teleasistencia dixital

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/01/16 (09:04)

O fabricante sueco de solucións de comunicación e teleasistencia para seniors, Doro, anunciou que completou a integración dentro da súa marca global, do líder en teleasistencia, CareTech, empresa que adquiriu en 2015. Con este anuncio, Doro consolida as súas credenciais no sector da atención ás persoas maiores e con necesidades especiais, e prepárase para liderar a transición dos provedores de teleasistencia á tecnoloxía móbil.

A nova división, Doro Care, busca integrar os coñecementos e liderado tecnolóxico e de teleasistencia de CareTech dentro da visión global de Doro, coa que busca achegar seguridade, tranquilidade e, sobre todo, liberdade a unha nova xeración de maiores activos.

Segundo Jérôme Arnaud, CEO do Grupo Doro, 'As persoas maiores e con necesidades especiais buscan sentirse seguras cando desenvolven as súas actividades diarias. E da mesma forma, os seus seres queridos desexan a tranquilidade de saber que, grazas á tecnoloxía, serán alertados en caso de calquera contratempo. Co apoio dos últimos avances tecnolóxicos, Doro Care axudará aos seniors a realizar a súa ambición de seguir vivindo no seu propio fogar e a manter unha vida independente, cos resultantes beneficios a nivel económico e de calidade de vida'.

Pola súa banda, Larry Bensadon, director xeral de Doro para España e Portugal, destacou que, 'dentro da marca Doro, a división Doro Care contribuirá a transformar as solucións asistenciais a nivel europeo cara a solucións dixitais e móbiles, a fin de proporcionar tanto seguridade aos usuarios como tranquilidade aos seus seres queridos'.

Doro Care é o resultado do éxito de Doro á hora de establecer sinerxías entre a oferta móbil de Doro e a proposta de teleasistencia de CareTech, de maneira que os usuarios conten coa seguridade que define esta marca e a mobilidade que é o aceno de identidade de Doro.

A nova marca, Doro Care, axudará a Doro a explicar mellor a súa oferta global en teleasistencia, reforzar o seu liderado e facilitar a comunicación cos provedores de servizos de teleasistencia, entre eles as Administracións Públicas a nivel rexional e local, así como as operadoras de telecomunicacións.

Acerca de Doro
Doro desenvolve produtos e servizos de telecomunicacións que axudan ás persoas de idade avanzada a gozar dunha vida plena, a desenvolver con maior facilidade as súas afeccións e a dedicarse a actividades que até agora consideraban fóra do seu alcance. O líder global en telefonía móbil para seniors, Doro, deseña teléfonos móbiles e smartphones de fácil uso, aplicacións móbiles e teléfonos fixos cun son alto e claro.

Dentro do Grupo Doro, Doro Care ofrece solucións de atención social e de teleasistencia para persoas maiores e con necesidades sociais de maneira que poidan seguir vivindo de maneira segura e independente dentro da súa propia casa. Doro AB é unha compañía sueca e cotiza na bolsa Nasdaq OMX Estocolmo, Nordic List, Small Companies. En 2014 facturou 135 millóns de euros netos.

Tema: Xeral
Fonte: entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal