Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tableta en braille

Smartphones e tabletas para invidentes

  • Ditado de textos, recoñecemento de voz ou execución de ordes a través da voz son algúns destes avances.
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 15/01/16 (09:50)

Cada vez son máis as opcións coas que contan 'smartphones' e 'tablets' para invidentes. Ditado de textos, recoñecemento de voz ou execución de ordes a través da voz son algúns destes avances. Pero xa non os únicos: existe unha tableta en braille adaptada para o uso de invidentes que permite traducir gráficos e táboas.

O dispositivo foi deseñado pola Facultade de Ingenieria da Universidade de Michigan (Estados Unidos). Non é a primeira pantalla de braille, pero o seu funcionamento é diferente ao que se usou ata o momento. Esta pantalla funciona a través de burbullas de aire ou auga que empuxan os puntos que crean as palabras ou figuras en braille e permiten que o seu usuario acceda ao que aparece na pantalla. A intención deste 'tablet' é poder mostrar máis que texto e a través das imaxes e gráficos poderían facilitar a aprendizaxe das matemáticas para estas persoas.

"Unha das principais consecuencias para as persoas cegas que non poden acceder ao braille é que están limitadas con respecto ás cousas que científicos e matemáticos poden facer", dixo a profesor de artes escénicas con discapacidade visual, Sile Ou'Modhrain, quen está traballando na tableta. Non só as matemática, tamén permitiría consultar cousas básicas como, por exemplo, as estatísticas dun equipo de fútbol. "É o tipo de cousas que as persoas con visión fan todo o tempo", explica Ou'Modhrain.

Non é a primeira vez que se crea unha pantalla deste tipo, pero si é a máis accesible porque ata agora para poder optar a esta tecnoloxía había que pagar entre 3.000 e 5.000 dólares. Esta tableta fabrícase a través do ensamblamiamiento de capas, un proceso máis barato que os anteriores e, aínda que aínda é un proxecto, podería venderse por menos de 700 dólares.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal