Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Dr. Guillem Lera

Desenvólvese unha aplicación online que permitiría anticipar as recaídas da depresión e ansiedade

  • O Departamento de Saúde da Ribeira participa no desenvolvemento desta aplicación. Este proxecto conta co respaldo da Unión Europea e do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid.
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/01/16 (08:34)

O Departamento de Saúde da Ribeira participa, xunto a outros hospitais e centros valencianos, no desenvolvemento dunha nova aplicación on-line de psicoterapia que permitiría anticiparse ás recaídas de pacientes con depresión e ansiedade leves ou moderadas.

Este programa informático, que se atopa en proceso de validación de resultados, conta co respaldo da Unión Europea a través do Programa Marco E-COMPARED (European Comparative Effectiveness Research on Internet-based Depression Treatment), e do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid.

O Hospital de Alzira participa no seu desenvolvemento xunto ao Hospital Provincial de Castelló e as universidades de Valencia, Jaume I de Castelló e a Cardeal Herrera CEU. Neste sentido, varios pacientes da Ribeira que presentan un destes trastornos comezarán en breve a recibir este tipo de terapia online. Neste proxecto o Departamento da Ribeira é o responsable de levar a cabo o proceso de selección de pacientes -segundo uns estritos criterios clínicos-, e o de avaliar a súa efectividade, o seguimento e os beneficios nos pacientes.

A prestixiosa revista científica Trials Journal publicou o pasado outubro un artigo sobre esta aplicación on-line dados os beneficios que nun futuro pode achegar a terapia online no campo da saúde mental.

Beneficios dunha terapia on-line

Segundo os expertos participantes no proxecto, un dos principais beneficios da terapia on-line é que permitiría levar a cabo unha avaliación semanal personalizada por parte do especialista, o que axudaría a detectar precozmente calquera recaída do paciente para ser abordada coa maior antelación, xa sexa por teléfono ou con cita presencial.

Así mesmo, este programa de psicoterapia ofrecería aos pacientes unha serie de vantaxes, como son a comodidade de conectarse a esta aplicación desde calquera punto e en calquera momento para completar periodicamente os cuestionarios, ou a interactividade co profesional sanitario.

Igualmente, en palabras do Dr. Guillem Lera, psiquiatra da Ribeira e un dos investigadores deste proxecto, ?esta abordaxe on-line permitiríanos ser máis eficientes na atención mental xa que axudaría a aumentar o número de pacientes tratados reducindo as consultas presenciais, as listas de espera e os desprazamentos dos pacientes ata o hospital?.

12 módulos semanais

Este programa de psicoterapia online consta de 12 módulos a completar de forma semanal polo enfermo. Cada unha destas áreas temáticas márcalle ao paciente unha serie de obxectivos que debe conseguir para ir superando progresivamente os seus síntomas de depresión ou ansiedade. Neste sentido, a aplicación axuda a que o paciente realice accións que provoquen un cambio emocional nel, tomar conciencia das emocións da persoa, evitar comportamentos prexudiciais ou fomentar a socialización. Posteriormente, de forma telemática é o propio profesional o que valora se os obxectivos establecidos foron cumpridos ou non.

O  programa  inclúe  tamén  recordatorios  programados  por e-mail    ou  SMS  para fomentar o uso da ferramenta, así como alarmas que chegan ao especialistas cando o paciente non está a usar a ferramenta ou se produciron empeoramentos no estado do participante.

Depresión e ansiedade

Na actualidade a depresión e a ansiedade constitúen dous importantes problemas de saúde; de feito, segundo a Organización Mundial da Saúde 1 de cada 4 persoas sufrirá un destes trastornos mentais ao longo da súa vida. Ademais, este tipo de patoloxías están detrás do 50% dos casos de absentismo laboral. ?Estes datos apuntan claramente á necesidade de dispoñer de tratamentos eficaces e eficientes, baseados nas TIC?s, co obxectivo de dar resposta a estas crecentes enfermidades mental?, conclúe o Dr. Lera.

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal