Para facilitar o manexo de tabletas por parte das persoais maiores Orange presentou Mi Esencial Tablet, unha aplicación dispoñible de balde para Android que simplifica a interface do dispositivo electrónico facilitando o seu uso e que poida xestionarse e configurarse remotamente dende o smartphone dun familiar (para o que se conta cunha aplicación cliente para Android e para iOS).
Dende Mi Esencial Tablet pódense realizar e recibir videochamadas, así como mensaxes, consultar ou crear recordatorios (por exemplo, para tomar a medicación), acceder a novas ou xogos, compartir ou facer fotografías, activar unha chamada de emerxencia... mentres que dende a aplicación remota pódense configurar opcións como o volume, o brillo, o estado da batería... así como definir alertas nas que asociar imaxes (por exemplo, a un recordatorio da toma dun medicamento pode engadírselle unha fotografía do mesmo).
Esta aplicación está dispoñible para clientes de Orange na tableta Huawei Mediapad T1 10 4G (que pode adquirirse dende a partires de 126 euros) asociada a calquera tarifa de datos ou voz e datos de Orange, mentres que as aplicacións clientes poden descargarse con independencia do terminal e o operador.
Rexístrate como: