Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Profesora e estudante usando tableta

Axudando a I-LINC a coñecer o estado da arte da educación e empregabilidade xuvenil

  • I-LINC, a plataforma de e-learning e inclusión para o emprego xuvenil e o emprendemento dispuxo dunha enquisa para recompilar información para a investigación do seu proxecto en torno ao estado da arte da educación e a empregabilidade xuvenil en Europa
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/12/15 (12:13)

No blog Think Big xa vos falamos anteriormente da plataforma sustentable I-LINC, que busca promover a educación dixital, a empregabilidade e as capacidades de emprendemento para os mozos a través da colaboración, a participación e a educación en competencias dixitais. O proxecto é unha acción de apoio e coordinación (CSA), financiado pola Comisión Europea baixo o marco do Programa H2020, e o consorcio está composto entre outros por Telefónica.

I-LINC pretende converterse no punto de encontro e debate dunha activa comunidade de Stakeholders expertos en distintas temáticas (educación, inclusión dixital, empregabilidade, etc.) , interesadas en tratar, de maneira construtiva, o deseño de solucións socioeducativas e a promoción de accións políticas destinadas a modernizar a educación a través das TIC; proporcionar alternativas inclusivas á educación formal, traídas desde o sector da educación non formal e do terceiro sector, así como crear un novo camiño de innovación social para a empregabilidade dos mozos.

Dado o potencial impacto do proxecto no mundo dixital, buscarase mellorar as plataformas que xa existen na actualidade creando un espazo común de entendemento e diálogo e intercambio de coñecemento, así como ofrecer directrices para impulsar ferramentas e servizos para a modernización da educación, formación e empregabilidade dos mozos como mecanismo para superar a exclusión dixital e socio-económica.


A creación de I-LINC permitirá vincular e interconectar estas comunidades e actividades xa existentes no ámbito da aprendizaxe e a inclusión TIC co fin de sumar o impacto de todas elas, que até agora existen de forma individual.


Unha enquisa sobre a estado da arte da educación e empregabilidade

Para conseguir o seu obxectivo, o proxecto lanzou dúas iniciativas, unha enquisa especialmente dirixida a organizacións e accións públicas enfocadas no contexto do TIC, a educación, a inclusión, os mozos, a empregabilidade e o emprendemento, para que estas poidan incluír as súas iniciativas e proxectos; e un debate Wiki para identificar e alcanzar o entendemento común no marco das habilidades dixitais para os mozos.

O fin destas iniciativas de I-LINC é recompilar información que sirva para a investigación do proxecto en torno ao estado da arte da educación e a empregabilidade dos mozos en Europa, observando as características dos proxectos e iniciativas que compoñen este ecosistema. O pertencer á base de datos de I-LINC permitirá vincular e interconectar as estes proxectos e iniciativas existentes co fin de sumar o impacto de todas estas comunidades, que até agora existían de forma individual.

Tema: Xeral
Fonte: Blog Think Big
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal