Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Portada da guía

‘Guía sobre estratexias de RSC e Discapacidade para Administracións Públicas', do CERMI

  • Es un manual de responsabilidad social corporativa (RSC) en el ámbito de la inclusión de las personas con discapacidad dirigido específicamente a las Administraciones y el sector público.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/12/15 (08:46)

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), membro de Somos Pacientes, publicou a 'Guía sobre estratexias de Responsabilidade Social Corporativa e Discapacidade (RSC-D) para Administracións Públicas', manual de responsabilidade social corporativa (RSC) no ámbito da inclusión das persoas con discapacidade dirixido especificamente ás Administracións e o sector público.

Como explica o CERMI, 'ante a ausencia de guías sobre RSC/D concibidas para a súa aplicación por parte das institucións e empresas públicas, acometemos a elaboración deste manual, que poderá ao servizo de todas as Administracións como ferramenta operativa para desenvolver a RSC/D pública'.

Non en balde, lembra o Comité, 'en España, as Administracións Públicas, nos seus distintos niveis nacional, autonómico e local, apenas desenvolveron estratexias de RSC nos seus propios ámbitos, coma se estas cuestións só correspondesen ás empresas e organizacións privadas, pero non ás que teñen carácter público'.

 

Sector público e RSC

A nova Guía do CERMI foi elaborada por José Antonio Martín, experto en responsabilidade social empresarial, e contou cunha axuda do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Neste contexto, como destaca o Comité, 'as Administracións deben, por suposto, promover a RSC de índole privada, favorecendo unhas políticas públicas e un marco normativo, de incentivos e apoios que estimulen a realización e extensión deste tipo de prácticas polos operadores do sector económico e a sociedade civil. Pero isto, sendo de enorme importancia, non basta'.

Por iso, incide o CERMI, 'os poderes públicos e as Administracións que os encarnan deben asumir e aplicar políticas e estratexias internas de RSC como unha dimensión máis da súa organización e procesos, comprometéndose coa comunidade á que serven máis aló das obrigacións legais que por suposto lles corresponden e que son indeclinables'.

E é que como conclúe o Comité, 'as Administracións Públicas son tamén axentes de RSC e non poden permanecer por máis tempo alleas a estas políticas. Teñen un enorme espazo que percorrer e han de comezar a transitalo, para o que han de establecer estratexias, fixarse obxectivos, definir procesos, pór calendarios e establecer contacto cos seus grupos de interese, incluído o das persoas con discapacidade e as súas familias'.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal