Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Miriam Díaz Aroca promocionando o Voluntariado Tutelar

A AEFT lanza unha campaña de sensibilización para difundir os beneficios do Voluntariado Tutelar nas persoas con discapacidade intelectual

  • A iniciativa busca difundir a realidade das persoas con discapacidade intelectual ás que apoian as Fundacións Tutelares e aumentar a súa base social con novas persoas voluntarias.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 24/11/15 (08:38)

Co fin de dar a coñecer o tipo de voluntariado que promoven as Fundacións Tutelares (de persoa a persoa) e os beneficios que este ten nas persoas con discapacidade intelectual, a Asociación Española de Fundacións Tutelares (AEFT), puxo en marcha a campaña de sensibilización #YoSoyVoluntarioTutelar.

A iniciativa, que conta coa colaboración de diferentes artistas e presentadores/as de Televisión 'Manu Carreño, Miriam Díaz-Aroca ou Gorka Otxoa, entre outros', pretende dar visibilidade ás realidades das persoas con discapacidade intelectual que reciben apoios tutelares por parte das Fundacións e ten como obxectivo conseguir a colaboración de novas persoas voluntarias para que compartan con elas o seu tempo de lecer e tempo libre; converténdose en Voluntarios e Voluntarias Tutelares.

Para aquelas persoas que queiran colaborar coa campaña, a Asociación propón dúas sinxelas fórmulas. Por unha banda, que mediante o hashtag #YoSoyVoluntarioTutelar ou #YoSoyVoluntariaTutelar, se fagan un selfie ou autofoto 'mostrando a súa solidariedade coas persoas con discapacidade intelectual e a figura do Voluntariado Tutelar' e a difundan a través das Redes Sociais. Ou doutra banda, converterse en Voluntarios/as Tutelares.

 

O Voluntariado Tutelar

O Voluntariado Tutelar ten como peculiaridade a creación dun vínculo entre a persoa voluntaria e a persoa tutelada de maneira individual, de forma personalizada e cunha longa duración no tempo.

A súa posta en práctica supón, ademais, unha contribución na calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e na súa inclusión na sociedade.

 

As Fundacións Tutelares

As Fundacións Tutelares traballan para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento 'maiores de idade' cuxa capacidade xurídica foi modificada ou revisada e que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Estas persoas, ao atoparse en situación de vulnerabilidade, precisan dun apoio tutelar que vele polos seus desexos e intereses e os acompañe no seu proxecto de vida.

Na actualidade, a AEFT está composta por 25 Fundacións Tutelares, distribuídas a nivel nacional, que apoian a máis de 2.200 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, mediante o compromiso de 175 profesionais, 260 patróns/as e máis de 630 Voluntarios/as Tutelares.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal