Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Exoesqueleto

¿Robot ou exoesqueleto? Así axuda a robótica ás persoas con discapacidade

  • Financiado por DARPA, a axencia de investigación de Estados Unidos, axudará a persoas discapacitadas, anciáns e nenos con problemas de movilidade.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/11/15 (08:50)

SRI e F&D, dúas firmas expertas en robótica, están a desenvolver un exoesqueleto cuxas diferentes partes poderían pasar polas extremidades dun robot para axudar a persoas con problemas de mobilidade, desde feridos en accidente até nenos con problemas de crecemento e sen esquecer ás persoas de avanzada idade que perderon facultades motrices.

Ambas as empresas, con sede en Estados Unidos, recibiron fondos de DARPA, a axencia gobernamental que se encarga de proxectos de investigación avanzada, para dar forma a un exoesqueleto que se enmarca dentro do campo da chamada robótica branda, unha tecnoloxía que permite crear tecnoloxías autónomas que se comportan coma se fosen humanas, o que implica un aumento na flexibilidade.

Roy Kornbluh é o investigador que deu nome a un proxecto que, como reza o vídeo promocional que acompaña a este texto, "non está feito para loitar contra o crime pero si que axudará ás persoas". As funcións do traxe son diversas: pode axudar a persoas que teñen problemas para cargar con pesos, pode corrixir defectos na postura e tamén ten labores preventivos que poden axudar a evitar lesións.

Os creadores do traxe non descartan o seu uso nun campo de batalla se se ten en conta que permite soportar cargas de até 115 quilos a pesar de que só pesa 450 gramos. O traxe ten sensores cardíacos incorporados e pode memorizar datos do usuario de maneira que sexa capaz de detectar as partes do corpo que necesitan axuda.

Pero este exoesqueleto tamén está pensado para axudar a nenos que sofren distrofia muscular. A súa estética, afastada das ortopedias tradicionais, tamén suporá unha axuda para evitar calquera tipo de estigma que poidan sufrir os máis pequenos.

De momento, o exoesqueleto só se pode utilizar para camiñar aínda que os seus creadores traballan para ter lista a curto prazo unha versión que permita subir e baixar escaleiras así como outros obstáculos. Cando chegue ao mercado, o exoesqueleto custará uns 1.000 dólares.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal