Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Dentes impresos en 3D

Estos dentes impresos en 3D cárganse ao 99% das bacterias

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/10/15 (10:32)

As aplicacións das impresoras 3D no segmento da saúde parecen ilimitadas, e xa vimos varios casos prácticos en campos como as próteses de membros. Agora un grupo de investigadores descóbrennos outra potencial aplicación no campo da odontoloxía.

Un grupo de expertos da Universidade de Groningen en Holanda desenvolveron un método para imprimir en 3D dentes que son especialmente beneficiosos para operacións dentais. A nova resina plástica desenvolvida fai uso de sales antimicrobianas que "abrasan" as bacterias.

A resina, din estes investigadores, é capaz de destruír o 99% das bacterias, e ademais teñen a vantaxe de que non causan ningún efecto secundario en humanos. Ao probar as mostras obtidas con mesturas de saliva e de streptococcus mutans -unha bacteria habitual nas nosas bocas- comprobaron que este material conseguía ter un efecto esterilizador.

O sistema está por agora en fase de prototipo e aínda teñen que avaliar se esta resina é o suficientemente dura como actuar como dentes de verdade nestas operacións ademais de probas adicionais, pero os seus avances son prometedores. De feito, afirman, as aplicacións poderían ampliarse e ser tamén válidas para diversos tipos de próteses.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal