Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Evento de presentación de iCoopera celebrado previamente en Pontevedra

A xornada iCoopera de Ourense achegará as TIC ás nosas cooperativas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/10/15 (10:27)

Este 27 de outubro Ourense acolle un encontro destinado a promover a participación de pequenas e medianas empresas (PEME) en iniciativas de investigación no emprego das novas tecnoloxías da información. Trátase da xornada de presentación do Programa iCoopera, aberta a calquera cooperativista con interese en “atopar xeitos de innovar no seu negocio”. A cita será no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, con horario de 11.00 a 13.35 horas. A subdirectora xeral de Cooperativas e Economía Social, Alba Paz, abrirá a Xornada.

O Programa iCoopera vén da man da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Como dixemos, busca facilitar o acceso das cooperativas ás novas Tecnoloxías da Comunicación e a Información (TIC) para gañar visibilidade. O programa iCoopera, máis polo miúdo, é unha iniciativa de balde cun amplo potencial de uso para as cooperativas que queiran apostar por Internet e acadar nesta plataforma un carácter máis referencial no seu sector. Na xornada participarán relatores especializados expoñendo os recursos dispoñíbles arestora na nosa terra en materia de innovación empresarial. Complementaranse os relatorios cun coloquio que dará oportunidade de debater e establecer contactos entre os asistentes.

As entidades interesadas en adherirse á iniciativa poderán contar un diagnóstico individualizado das súas necesidades e oportunidades en materia de TIC e I+D+i, antes de proceder á creación ou mellora das súas ferramentas tecnolóxico-dixitais (páxina web, redes sociais, comercio electrónico, por exemplo). Recibirán tamén coñecementos básicos necesarios “para sentar as bases dunha axeitada xestión da innovación”, sinalan os organizadores do evento e do programa.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal