Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo da xornada

A nova edición de GaliciaTIC o día 28 en Santiago contará coa colaboración do CPEIG

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/10/15 (08:55)

O 28 de outubro celébrase no edificio CINC da Cidade Cultura a nova edición dun evento histórico dentro das nosas citas empresariais centradas no desenvolvemento das novas tecnoloxías dixitais. Falamos de GaliciaTIC, un congreso dirixido a amosar o avance tecnolóxico do sector tecnolóxico-dixital e que exerce tamén de plataforma para o debate e o intercambio de coñecemento avanzado arredor da Sociedade da Información. Entre outras entidades colaboradoras, esta nova edición contará co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Segundo nos contan dende o Colexio, as novidades da presente convocatoria estarán en relación á transformación dixital das organizacións (información masiva, servizos na nube para a mobilidade e Internet das Cousas, IoT) e tamén sobre as tecnoloxías máis innovadoras que desenvolven empresas galegas. O obxectivo é “amosar as tendencias máis actuais nas tecnoloxías TIC, desde o punto de vista da oferta global, que sexan de interese para o sector empresarial e profesional, e melloren a experiencia do cliente”.

Segundo lembra a organización de GaliciaTIC, polas súas 12 edicións (dende 2003) teñen pasado prestixiosos oradores e especialistas internacionais de distintas áreas de TIC e compañías profesionais que ofrecen os mercados de TIC produtos de gran innovación e impacto, tanto en software e hardware e comunicacións.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal