A idea? Achegar a tecnoloxía aos máis pequenos, para que "nenos de 8 anos sexan capaces de facer produtos tecnolóxicos" nas súas propias palabras.
Aínda que non deron moitos detalles sobre o seu funcionamento, trátase dun mini-robot desmontable que pode camiñar, virar e realizar outros movementos. Vén con algúns xogos preinstalados de fábrica pero a idea é que os propios nenos poidan controlalo desde unha aplicación para Android ou programalo a través de bitbloq.
Segundo as especificacións oficiais, o robot "adáptase ao ritmo do neno" posto que "con cada proxecto completado desbloquéanse novos retos", aínda que non especificaron como funcionará isto exactamente. A idea, ademais, é que os nenos poidan compartir os seus propios proxectos na web do fabricante e acceder aos doutros para utilizalos nos seus propios robots.
Zowi, especificacións técnicas
Cada robot componse de catro servomotores Futaba e vén equipado con conectividade Bluetooth. Durante a presentación vímolo, por exemplo, bailando ao ritmo da música. Inclúe un zumbador (co que pode reproducir música en 8 bits), un micrófono, unha matriz de LED de 5x6 px e tres botóns, dous dos cales son programables.
En canto á batería, optaron por dotalo dunha de 4040 mAh, que nun "escenario de uso realista" pode alcanzar as 8 horas de autonomía, segundo BQ. Funcionando "a lume de biqueira" podería estar 5 horas e, en repouso, até 84 horas, pero ambos son casos "irreais" segundo o fabricante.
Zowi, prezo e dispoñibilidade
Zowi poderase adquirir desde mediados de novembro a un prezo que parte dos 99,90 euros. Aínda está en desenvolvemento.
Rexístrate como: