Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo TICSenior 2015

A xornada TICSenior 2015 celebrarase o próximo día 7 de outubro en Santiago de Compostela

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/09/15 (11:58)

O proxecto TICSenior ten como obxectivo a longo prazo abrir unha perspectiva nova, desde o punto de vista dunha maior integración dos maiores na súa contorna próxima e mesmo global, baixo as premisas do que se coñece como 'envellecemento activo'.

O enfoque faise desde as tecnoloxías TIC, en canto a recursos destinados a facilitar a dita integración a través de redes e repositorios de coñecemento, pero orientado ás persoas que culminan a súa vida de traballo ou están próximas a facelo.

A posta en marcha da iniciativa TICSENIOR en 2014, tivo lugar nunha xornada celebrada o 4 de abril en Santiago de Compostela.

Desde a Universidade de Vigo e coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e FEUGA, ademais do apoio de institucións de voluntariado de gran prestixio como a Cruz Vermella, Secot, Fegaus e outras, constitúe unha innovación e impulso para involucrar ao colectivo 'senior' galego en accións de voluntariado social e económico a través do uso das TIC, colaborando con institucións e organizacións que prestan servizos sociais e outras como as de asesoramento a emprendedores, formación de colectivos específicos e asistencia ás Administracións Públicas (Xunta, Concellos, Deputacións,...) nos seus programas sociais.

Na edición de 2015 queren dar énfase ao 'voluntariado senior' en especial fomentando e construíndo 'redes sociais' que faciliten a integración do maior na sociedade. É por iso que presentan unha nova xornada como parte dun gran proxecto que involucre a un número importante de voluntarios senior a través dos seus perfís, e ás organizacións, en especial ONG's que levan a cabo labores sociais de gran impacto na comunidade.

A cita será o próximo 7 de outubro na Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid 2-4, Fontiñas, en Santiago de Compostela, en horario de 09:00h a 14:00h.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal