Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo CeMIT

A iniciativa da Aula CeMIT “Fálame de San Sadurniño” recibiu hoxe o Premio do Programa Europeo ACTing en Ginebra

Versión para impresiónSend by email
24/09/15 (17:24)

Esta mañá, a iniciativa da Aula CeMIT de San Sadurniño, que representaba a España no congreso europeo, foi premiado fronte a outros 36 proxectos que participaron no concurso internacional do proxecto europeo ACTing, que busca poñer a proba as técnicas para un envellecemento activo a través das TIC.

“Fálame de San Sadurniño”, é unha proposta colaborativa que emprega un blog, a canle de Youtube e as redes sociais para dar a coñecer o pasado e o presente do concello por medio dos seus veciños. Nel participaron 230 persoas, a maioría delas pertencentes ao colectivo da terceira idade, aportando máis de 700 historias.

As horas dedicadas neste traballo permitiron o achegamento da cidadanía de maior idade ás TICs e en especial unha posta en práctica do que supón o envellecemento activo a través das novas tecnoloxías.

Tras ser seleccionada entre un total de 12 propostas para representar a España, e despois da presentación e defensa da iniciativa en Ginebra, fronte a outros proxectos representantes de Italia, Rumanía e Suiza, finalmente “Fálame de San Sadurniño”, veu recoñecido o esforzo de máis dun ano e medio de traballo recibindo o premio do concurso europeo ACTing.

 

Tema: Xeral
Fonte: CeMIT
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal