Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Participantes do programa xunto a súa coordinadora Carmen Suárez

A iniciativa «Fálame de San Sadurniño» opta a un premio europeo en Suiza

  • A responsable da aula CeMIT e dúas veciñas presentan o xoves o proxecto en Xenebra
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 24/09/15 (13:37)

O proxecto Fálame de San Sadurniño, impulsado pola aula CeMIT, que dirixe Camen Suárez, opta hoxe en Suíza a un dos premios europeos do programa ACTing, «orientado á posta a proba de técnicas para un envellecemento activo a través dás novas tecnoloxías». Suárez viaxou a Suíza con Cruz Piñón e Consuelo Picos, dous das veciñas que «máis se implicaron» nesta iniciativa, unha das oito preseleccionadas entre as 36 postas en marcha en España, Italia, Romanía e Suíza. As tres realizarán unha presentación en inglés.

Suárez destaca o carácter colaborativo de Fálame, «que pertence ás máis de 230 persoas que teñen participado, con máis de 700 historias e máis de 400.000 páxinas ou fotografías vistas». Antes de saír cara a Xenebra declarou: «Chegar ata aquí é un éxito (...). Temos que sentir orgullo de que unha iniciativa humilde, dun lugar pequeno e en galego, represente a España neste concurso».

A Comisión Europea financia o programa ACTing, que «ensaia e pon en común ferramentas e ideas que combinen o envellecemento activo e a superación da fenda dixital, que afecta máis aos maiores».

Tema: Xeral
Fonte: La Voz de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal