LoPe é un servizo que mantén localizadas ás persoas con principio de Alzheimer, para que en caso de perda da orientación, os seus familiares sexan alertados e informados da posición exacta da persoa.
O día 21 de setembro foi o #DiaMundialAlzheimer. Desde Fundación Vodafone queren destacar a súa colaboración con Cruz Vermella Española, dentro do marco da Fundación TECSOS, para facer que a tecnoloxía axude ás persoas con Alzheimer e ás súas familias. Así xurdiu LoPe, que é agora un servizo ofrecido por Cruz Vermella que axuda ás persoas con estas doenzas a ter maior autonomía e calidade de vida.
Rexístrate como: