Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Acto de celebración del XXV Aniversario de la Confederación Galega de Persoas co

Fundación Vodafone España recibe o premio na categoría de Responsabilidade Social Empresarial pola súa contribución á inserción laboral de persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/09/15 (08:59)

No acto de celebración do XXV Aniversario da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Fundación Vodafone España recibiu o premio na categoría de Responsabilidade Social Empresarial pola súa contribución á inserción laboral de persoas con discapacidade, e cuxa participación posibilitou a contratación de 1.200 persoas no últimos oito anos.

Os outras distincións recaeron no Concello de Pontevedra, na categoría de Institución pública ou privada, polo seu traballo en prol das persoas con problemas de mobilidade; mentres que o recoñecemento á traxectoria entregouse a José Antonio Vázquez Freire pola súa inestimable colaboración con COGAMI.

O acto que se celebrou no Palacio de congresos de Santiago de Compostela e que, xunto a COGAMI formado por 54 entidades membros da Confederación, reuniu a un milleiro de persoas entre as que se atopaban o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta do Parlamento Galego, Pilar Rojo Noguera; o Alcalde de Santiago de Compostela; Martiño Noriega Sánchez; a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o director xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; Ignacio Tremiño; o presidente do Comité Español de representantes de persoas con discapacidade (CERMI), Luís Cayo Pérez; xunto a outras personalidades membros de numerosas entidades sociais, tanto galegas como do resto de España.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal