Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Magic Desktop Apps

Un Windows para nenos cheo de apps educativas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/09/15 (12:43)

Nos últimos anos vimos multiplicarse o número de apps e programas informáticos destinados ao público infantil. Este fenómeno tamén multiplicou a preocupación dos pais cada vez que os seus fillos se achegan ao computador para navegar por internet, á tableta para entreterse cun xogo ou ao smartphone para ver algún vídeo.

Para acougar esta preocupación, totalmente xustificada a tenor de fenómenos como o ciberacoso ou a pornografía infantil, tamén proliferaron nos últimos tempos as ferramentas que inclúen control parental, para que os pais poidan supervisar o uso que os seus fillos fan de todas estas ferramentas informáticas. Precisamente nesta liña apunta o último software que chegou ás nosas mans: Magic Desktop (ou Escritorio Máxico).

Esta ferramenta está dirixida a nenos de 2 a 10 anos e pretende erixirse no Windows dos máis pequenos. O seu escritorio está repleto de contidos adaptados aos gustos infantís (xogos, vídeos, actividades educativas), meticulosamente seleccionados para que os pais poidan estar tranquilos: desde actividades para exercitar a memoria, o cálculo ou a orientación temporal, até aplicacións que permiten aprender matemáticas, xeografía ou ciencias sociais.

magic desktop appsMagic Desktop pode descargarse desde a súa páxina web en equipos con sistema operativo Windows. Unha vez instalado no portátil ou o equipo de sobremesa dos pais, estes poden estar totalmente tranquilos porque os seus documentos non corren ningún perigo: a ferramenta impide aos nenos borrar arquivos persoais ou danar algún dos compoñentes esenciais do equipo.

Ademais, este Escritorio Máxico permite que os máis pequenos iníciense no mundo de internet dunha forma totalmente segura: mediante O meu Primeiro Navegador, para surfear as páxinas que fosen aprobadas polos seus pais; e Correo Máxico, un servidor de correo electrónico que esconde o spam e as mensaxes de phising (suplantación de identidade) e permite, tamén, a supervisión parental da axenda de contactos.

Tema: Xeral
Fonte: Applicantes.com
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal