Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Kristina Tsvetanova recollendo o premio

Kristina Tsvetanova gañadora do 2º Premio Europeo de Emprendemento Social e Discapacidade, organizado por Fundación ONCE

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/08/15 (11:06)

Este Premio, pioneiro en Europa, busca recoñecer publicamente proxectos de emprendemento social cuxo obxectivo sexa o ámbito da discapacidade, así como proxectos impulsados por emprendedores/as con discapacidade cunha iniciativa innovadora.

Tras o peche de candidaturas o pasado 19 de decembro, un total de 33 proxectos provintes de 13 países da Unión Europea resultaron elexibles segundo as bases legais do premio. Posteriormente, foron avaliados polo Xurado do premio, composto por un representante de cada unha das organizacións socias da iniciativa.

O proxecto gañador, 'BLITAB, First Tablet for Blind and Visually Impaired People (@blitab_)', consiste nun dispositivo tablet que utiliza unha tecnoloxía innovadora para a lectura e escritura mediante o sistema Braille. O obxectivo deste dispositivo é favorecer a inclusión social e laboral das persoas cegas ou con discapacidade visual.

Doutra banda, o xurado distinguiu a Lorenzo Pompei, cunha mención especial polo seu proxecto Marioway, de Italia. Este proxecto consiste nunha cadeira de rodas que incorpora avances tecnolóxicos, ergonómicos e de deseño respecto das cadeiras de rodas tradicionais co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas parapléxicas.

Na súa segunda edición, o Premio Europeo de Emprendemento Social e Discapacidade contou de novo coa colaboración da Comisión Europea, L'Oréal (FR), Telefónica (ES) e o Ministero do Lavoro e delle Politiche Sociali (IT) - o tres socios fundadores da Rede RSE+D xunto coa Fundación ONCE -, así como Fundación Triodos (ES), Kanchi (IRL), Essl Foundation (AUS), e dúas novas organizacións que se incorporaron nesta segunda edición: o European Disability Forum, e o EIDD- Design for All Europe (IRL).

O proxecto gañador recibirá un recoñecemento económico de 11.000 euros brutos, importe cofinanciado por Fundación ONCE, L'Oréal, Fundación Triodos e EiDD - Design for All, ademais dun recoñecemento nunha cerimonia pública que terá lugar ao longo de 2015.

Por segundo ano consecutivo, a organización do premio felicítase do éxito de participación nesta iniciativa pioneira en Europa a través da cal se pretende impulsar a innovación e o emprendemento social como conceptos crave para a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade, en liña con iniciativas como a Social Business Initiative ou a Estratexia Europa 2020 e por suposto co Fondo Social Europeo, contribuíndo así a un modelo de crecemento sustentable, intelixente e inclusivo onde a rendibilidade social e económica poidan ir da man.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal