Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Parella vendo a televisión

Movistar+ fornece filmes accesibles para persoas con discapacidade visual a través de WhatsCine

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/08/15 (08:09)

A firma Movistar anunciou que está a xuntar esforzos con WhatsCine para tirar abaixo barreiras de accesibilidade no que a súa oferta de cinema (Movistar+) se refire. Máis polo miúdo, o que queren as empresas é permitir que as persoas con diversidades funcionais relativas ao visual poidan gozar integramente do catálogo de películas, series e documentais da operadora. Con este obxectivo, a firma convidou a todas as persoas coas devanditas características a acceder á web televisionaccesible.com para coñecer de primeira man a proposta sen atrancos visuais das dúas empresas e deixar as súas opinións e suxestións sobre a experiencia. A proposta estase a materializar en filmes en formato ceibe de atrancos visuais a través da aplicación WhatsCine e un formato de aluguer sen custe adicional.

A listaxe de filmes inclúe achegas como A conspiración de novembro, O home máis enfadado de Brooklyn ou Tarzán. A grella irá recibindo novos filmes con esta tecnoloxía cada semana.

O obxectivo desta iniciativa, sinala a operadora, é crear “a primeira televisión accesible para todos e converter a Movistar+ na televisión de pago coa mellor oferta de vídeo en España”.

A compañía tamén anunciou o sorteo en setembro dun pack composto por un dispositivo intelixente, unha tableta e unha smart TV, entre todas as persoas que deixasen a súa opinión e suxestións no devandito microsite. En paralelo, un grupo de persoas seleccionadas por CNSE, FIAPAS e ONCE realizarán probas de usuario para confirmar “que a experiencia de uso adáptase ás súas necesidades e propoñer melloras para as vindeiras versións da aplicación”, engade Movistar, que explica tamén que WhatsCine é “o único sistema do mundo cos tres elementos de accesibilidade integrados, audio descrición, subtítulos e lingua de signos, especialmente adaptado para Movistar+”.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal