Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo smartcare

Cruz Vermella Española en Aragón participa no proxecto europeo SmartCare

  • Coidados integrais de calidade en Europa: Integración das TIC nos procesos para un servizo de excelencia.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/07/15 (08:28)

A Cruz Vermella Española en Aragón (a través das Asembleas locais en Tamarite e Binéfar, e as comarcais de Somontano de Barbastro e Sobrarbe) está a participar no proxecto europeo SmartCare sobre integración das TIC para ofrecer coidados integrais de calidade, tanto sociais como sanitarios, mellorando a coordinación da prestación da atención e aproveitando o potencial das TIC para o beneficio das persoas maiores e as persoas con enfermidades crónicas.

SmartCare céntrase no deseño, desenvolvemento e subministración de dúas vías de atención para as persoas maiores que teñen necesidades complexas.

Estes servizos despregarán tecnoloxías da información e a comunicación para facilitar:

  • Que estea centrada na persoa, con atención coordinada para individuos e os seus coidadores.
  • Maiores niveis de autocoidado e autoxestión.
  • Un enfoque unificado do sistema de saúde e asistencia social.
  • Comunicación efectiva e eficiente entre tódalas partes.
  • Mellor uso dos recursos, menos duplicación e atención máis áxil.

O proxecto realízase en 23 rexións de Europa (en España a rexión participante é a Comunidade de Aragón), aínda que conta con outras 13 rexións máis que se comprometeron a adoptar o enfoque de SmartCare. Os participantes actuais no proxecto, entre administracións, entidades e institucións e empresas son 42.

Tema: Xeral
Fonte: fundaciontecsos.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal