Os científicos desenvolveron unha luva que traduce a texto e sons a linguaxe dos xordomudos para facilitar que poidan transmitir mensaxes a persoas que descoñecen os signos.
Este prototipo, creado por un grupo de investigadores do Instituto Politécnico Nacional (IPN) de México, consiste nunha luva que detecta os movementos realizados polo usuario coa man e asóciaos coas letras do alfabeto internacional de 26 letras.
"Fórmanse palabras e frases que son transmitidas por Bluetooth a un dispositivo móbil cunha aplicación precargada que mostra e le os acenos das persoas que usan a luva e queren transmitir unha mensaxe", explicou Helena Lúa García, unha dos autores do traballo.
Polo momento fíxose unicamente para o alfabeto internacional, pero están a traballar na linguaxe mexicana de acenos para esta luva que esperan lograr sexa "económica e accesible".
Para detectar se os dedos están abertos ou pechados utilizouse un novo material que se emprega na construción de tecnoloxía para vestir, o cal é un fío conductivo feito a base de aceiro, máis groso que o fío convencional de algodón e pódese coser con agulla e mesmo con máquina.
A base da luva foi cosida a man con poliéster e nylon, inclúe resortes e sensores para darlle forza, coa finalidade de que sigan a estrutura da man.
Rexístrate como: