A farmacéutica Novartis lanzou a primeira aplicación para wearables pensada para o colectivo de persoas con discapacidade visual. Trátase dunha actualización da app de navegación ViaOpta Nav, que permite a súa compatibilidade con reloxos intelixentes como Apple Watch ou Android Wear.
A ferramenta está pensada para facilitar a navegación paso a paso pola rúa mediante voz e vibracións que avisan cando hai unha intersección ou outros puntos de referencia. Os usuarios poden, ademais, coñecer a súa posición exacta, marcar puntos de interese, atopar lugares próximos e gardalos como favoritos. Así mesmo, poden compartir as súas rutas con outros usuarios.
A aplicación pode descargarse desde Apple Store e Google Play.
Rexístrate como: