Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Centac

O CENTAC ofrece os seus vídeos sobre tecnoloxías para apoiar a accesibilidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/07/15 (08:19)

Este ano estiveron emitindo unha recompilación de vídeos de eventos que se foron organizando nos últimos tempos: almorzos, obradoiros, mesas redondas e faladoiros dos nosos congresos e xornadas.

Agora que chega o verán, e que todos temos algo máis de tempo, é unha boa oportunidade para expandir o coñecemento, polo que vos deixan o resumo dos vídeos que emitiron este ano. Con eles podedes empaparvos de información sobre tecnoloxía e accesibilidade en campos tan innovadores como os Wearables, NFC, Big Data, Internet das Cousas ou impresión 3D; ou tan prácticos como solucións para a perda de audición, formación online ou tecnoloxías para o tempo de lecer dos maiores.

Así mesmo, lémbrasevos a campaña Pílulas para a Accesibilidade, onde desde CENTAC, e apoiados polos seus Patróns, reflexionan sobre as Cidades Intelixentes, a innovación social e a revolución dixital. Teñen 16 pílulas que podes axudalos a difundir.

Este é a listaxe dos eventos CENTAC en streaming que emitiron neste ano:

Para impulsar o uso e xeneralización da tecnoloxía accesible é importante que as persoas coñezan a súa existencia e as posibilidades que ofrece na mellora da calidade de vida. Por iso convídase e anímase a compartir esta información nas vosas redes e a comentala co hashtag #eventosCENTAC.

Lémbrase que na súa canle de YouTube, teñen dispoñibles todos os vídeos dos eventos realizados por CENTAC. Xa teñen ao redor de 200, subtitulados e con Lingua de Signos Española, con múltiples contidos sobre tecnoloxías accesibles.

Más información na Canle de YouTube de CENTAC.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal