Samsung xa impulsou o desenvolvemento de varias aplicacións con fins sociais, como Backup Memory, para axudar aos pacientes de Alzheimer a lembrar aos seus familiares, ou Look At to Me, deseñada para aqueles nenos que sofren autismo. Agora, a compañía quere que outros sigan o seu exemplo.
Samsung acaba de abrir o prazo para participar na súa iniciativa Apps for The World, un concurso para ideas de desenvolvedores de aplicacións organizado por Sustainable Brands Barcelona que premiará aos proxectos de carácter social máis creativos e innovadores. O obxectivo é atopar as ideas de apps máis interesantes para mellorar a vida das persoas e a contorna.
Hai unha condición importante para participar no concurso: Os proxectos que se presenten deberán ser compatibles cos smartphones, tablets, wearables e/ou Smart Tv de Samsung. Ademais, teñen que ser orixinais, é dicir, que non se publicaron previamente en ningunha plataforma de venda ou descarga de aplicacións.
O fabricante outorgará ao vencedor de Apps for The World 5.000 euros de premio co fin de que este materialice a súa idea en aplicación, desenvolvéndoa e lanzándoa ao mercado. A app triunfadora estará dispoñible na tenda de Samsung a finais de ano.
Os interesados poden rexistrar os seus proxectos desde hoxe até o próximo 6 de xullo, contando en que consisten, a problemática que solucionan, a quen van dirixidos e esbozando un orzamento. A coreana dará a coñecer o gañador na web da convocatoria o 21 de xullo. As bases están dispoñibles aquí.
Rexístrate como: