O Concello de Mos, adheriuse á Rede Conecta, a través da Fundación Acción Social, educación e Tempo Libre - Esplai, a través da cal se impulsan proxectos de e-inclusión, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos colectivos en situación de exclusión social.
No marco da Rede Conecta, o Concello de Mos, colabora coa Fundación Esplai no desenvolvemento de accións de inclusión social, a través da promoción do acceso ao emprego, tales como:
En base a esa colaboración o Concello de Mos _ Axencia de Colocación_ é un Centro acreditador MOS.
Neste mes de xuño, ábrese a convocatoria para os exames oficiais de Microsoft co obxectivo de certificar aos/as alumnos/as co titulo de Specialist (nivel básico/intermedio) Word 2010 77-881, Excell 2010 77-882, Powerpoint 2010 77-883.
Que é a Beca.MOS Microsoft?
BECA.MOS (Microsoft Office Specialist) é unha acreditación que ten validez internacional; e convalidable a través de créditos de libre elección (para aquelas persoas universitarias). A través de Beca.MOS ofrécese aos alumnos certificar de maneira oficial competencias e coñecementos dixitais de forma totalmente subvencionada para mozas de entre 16 e 30 anos e cuns dereitos de exame de 10 euros por certificación para o resto dos interesados (maiores de 30 anos).
Que obtés?
Así melloras o teu currículo e incrementarás as túas posibilidades de empregabilidade ao acreditar as túas competencias e coñecementos dixitais cun título oficial e de validez internacional e que convalida créditos de libre elección nalgunhas universidades.
Como participar?
Metodoloxía 2.0
A Axencia de Colocación ofrece ás persoas interesadas: 4 sesións preparatorias dos exames que terán lugar na sede da Axencia de Colocación os días 23 e 24 de xullo. Terán unha duración de 2 horas para cada certificación.
Para a preparación destes exames haberá dúas sesións de dúas horas de duración (para cada certificación) nas que se desenvolvesen preguntas tipo exame:
Nesta primeira etapa haberá 3 certificacións de nivel básico de:
Os interesados deben porse en contacto a través do teléfono 986 487786 ou ben por correo: info@axenciadecolocacionmos.es.
Durante as primeiras sesións informarase os alumnos/as da forma de inscribirse no sitio oficial de Microsoft e Certiport.
Rexístrate como: