Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cita previa DNI por internet

A páxina de internet de xestión da cita previa do DNI, accesible tras subsanar a súas deficiencias

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/06/15 (14:00)

A páxina de internet de xestión da cita previa para a obtención do Documento Nacional de Identidade e o pasaporte reúne desde principios deste mes de xuño requisitos técnicos para considerala accesible, tras emendar a Dirección Xeral da Policía do Ministerio do Interior as deficiencias que presentaba.

Como consecuencia de diversos escritos de protesta recibidos en CERMI, a plataforma representativa da discapacidade organizada expuxo unha queixa ante o Ministerio do Interior, sustentada nun informe técnico que acreditaba os incumprimentos e as propostas de actuación necesarias para resolver eses problemas, reclamando que se adoptasen medidas para que este portal fose accesible, con arranxo á lexislación vixente.

Ao tratarse dunha páxina de Internet pertencente a un organismo público, neste caso ao Ministerio do Interior, este sitio dixital tiña que ser accesible ás persoas con discapacidade, alcanzando polo menos o nivel medio das normas de accesibilidade a internet xeralmente admitidas, segundo dispón a Lei de Servizos da Sociedade da Información.

Tras a queixa e o informe do CERMI, a Dirección Xeral da Policía actuou sobre o portal de xestión de cita previa do DNI, realizando as melloras oportunas para dotalo de condicións de accesibilidade, aténdose aos criterios de prescrición do Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT) da ONCE, co que se consultaron as solucións tecnolóxicas.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal