Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Design Thinking

O programa Voluntariado Dixital da Xunta pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 “Design Thinking para a Innovación Social Dixital"

  • Desenvolverase do 17 de xuño ao 2 de xullo no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as plazas son limitadas e a asistencia é de balde
  • As sesións centraranse nos 10 proxectos seleccionados na iniciativa da Amtega, CeMIT-Innova para a Innovación Social Dixital
  • As inscricións realizaranse a través da web www.voluntariadogalego.org
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/06/15 (12:24)

O programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 baixo o título “Design Thinking para a Innovación Social Dixital”.

O obxectivo deste plan formativo, é ofrecer as ferramentas e as metodoloxías máis avanzadas para xerar ideas, detectar necesidades de mercado e resolver problemas, apostando pola innovación como un proceso colaborativo.

O programa formativo ten plazas limitadas e desenvolverase no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en horario de tarde de 16:00 a 20:00h, en 4 xornadas distribuidas en dous bloques,:

  • BLOQUE I: 17 e 18 de xuño
  • BLOQUE II: 1 e 2 de xullo


A través da formación e tomando como referencia práctica os 10 proxectos seleccionados na iniciativa da Amtega CeMIT-Innova para a Innovación Social Dixital traballaranse todas as fases da metoloxía Design Thinking: empatía, definición, ideación, prototipado e testeo.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do seguinte link da web de Voluntariado Galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=278&pag=0

Mais información e contidos no Programa.

 

“Design Thinking”
O Design Thinking é unha disciplina que usa a sensibilidade e os métodos dos deseñadores para facer coincidir as necesidades das persoas co que é tecnoloxicamente factible e viable economicamente. Este método está avalado e promovido polo Institute of Design que pertence á Universidade de Stanford.

Debido ós grandes resultados obtidos, nos últimos anos grandes empresas de todo o mundo como Google, IBM ou Toyota xa integraron esta metodoloxía no seu día a día. A súa expansión é tan importante que se converteu na metodoloxía de referencia en ámbitos coma o da saude ou o social.

 

Ponentes
As sesións estarán ao cargo de Designthinking.gal, un espazo educativo formado por un equipo multidisciplinar, con ampla experiencia profesional e docente tanto no ámbito nacional como internacional, que desenvolve a metodoloxía do Design Thinking adaptada ó noso contorno. A formación reforzarase con técnicas de creatividade e de traballo en equipo e amosará aos participantes como comunicar o seu proxecto, a través do storytelling, dun xeito que consiga emocionar a audiencia.

 

Programa de Voluntariado Dixital
O Programa de Voluntariado Dixital é unha iniciativa, posta en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, que conta xa con máis de 400 persoas voluntarias. Ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.

A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas. 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal